Autora: Ledicia Costas.
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército
adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados
altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio,
rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi
claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio
social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e
trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non
encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa
de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario