24 febreiro 2018

A Banda da Loba: "Música con M de Muller"


A Banda da Loba, que se prensenta como "Música con M de Muller", publicou a finais do pasado ano o seu primeiro disco, Bailando as rúas, que contén once temas a partir de textos de Rosalía Fernandez Rial ("Bailando as rúas" e "Nunca ninguén") e Celia Parra ("Tres segundos de memoria" e "Coma un blues") ou de Celso Emilio Ferreiro ("Ti e eu" e "Abrente"). "Temos moita sorte, porque a verdade é que no eido da poesía contemporánea temos un nivel enorme en Galicia", subliña Lastra, que explica que "as miñas poetas de referencia poden ser Rosalía Fernández Rial ou Celia Prada, que son amigas e musicámolas con A banda da loba". "Despois hai outras poetas moi interesantes, como Antía Otero ou Helena Salgueiro. Ou Andrea Porto e Marcela Porto, dúas das músicas da banda", engade.


http://praza.gal/cultura/16085/a-imaxe-de-rosalia-como-unha-superheroina-e-necesaria-achega-a-sua-mensaxe-as-novas-xeracions/

Ningún comentario: