09 febreiro 2018

Branca de Loboso


Autor: Xesús Rábade Paredes.
Editorial: Galaxia.
Premio Álvaro Cunqueiro de novela, 1991.
Esta é unha novela que narra a historia dunha muller forte, culta, fermosa e decidida. Que loita contra un sistema opresor, A Santa Inquisición no s. XVII, un sistema pechado, ignorante e clasista. Asentado no feudalismo; absolutista e arcaico, baseado nunha crenza cega na relixión católica. Un tempo pasado pintado de demoños, medos, inxustizas… pero que por desgraza existiu. É o noso pasado, no que houbo moitas almas Brancas, axustizadas nun mundo irracional e absurdo.

3 comentarios:

Nerea de Lima dixo...

Este libro relátanos a historia de Branca de Loboso, unha moza que foi torturada pola Santa Inquisición, só por namorarse dun home. Naquela época a Santa Inquisición abusaba do seu poder, inventaba probas só para facer dano, para conseguir o fin que querían, e nos casos nos que non tiñan un fin que conseguir seguían deixando indefensa á xente só para deixar ver o seu poder e do que eran capaces.

maxi rei. dixo...

Unha pregunta tonta... está baseada en feitos reais ou é todo maxinación do autor?
Maxi_rei@hotmail.com

Anónimo dixo...

Ola Maxi!
Branca de Loboso podémola clasificar como unha novela histórica dentro da narrativa galega. (A narrativa de noso e da nosa historia). Se buscas información desta clasificación atoparás distintas opinións, entre elas a de quen diferenza entre novela realista-social e histórica.
Tomando prestadas opinións do propio autor, Rábade Paredes ou do profesor Manuel Quintás Suárez ou de Begoña Caamaño entre outrs, unha novela non é histórica polo só feito de recrear acontecementos ou ambientes históricos senón que na recuperación da memoria das colectividades que non puideron contar a súa historia axudan a entender o presente facendo evidente a súa actualidade en referentes específicos do noso propio contexto cultural, social, relixioso ou político.
Os feitos que se contan, personaxes, etc. están ficcionados polo autor a través dos seus narradores (é unha novela non unha crónica ou documento histórico)pero seguramente un dos seus obxectivos sexa pór de relevo, actualizar, unha verdade que o pasado nos oculta.
O propio autor opinab: Branca de Loboso é unha novela histórica de orientación barroca, pero sobre todo é a novela da dignidade humana.