Este volume recolle tres
textos premiados: "Á alba pide comigo vivir", un monólogo dunha moza
universitaria que queda embarazada no seu último ano de carreira. Tamén
inclúe o texto "Ninguén chorou por nós", premio Rafael Dieste, estrenado
en boa parte de Galicia e en Lisboa: un arrendatario histórico perde a
terra que traballou toda a vida e a casa o mesmo día no que a súa filla
le a tese de licenciatura na facultade. Finalmente o libro recolle unha
terceira obra, "39 veces chao", un monólogo dunha muller através dun
teléfono móbil; na conversa vai aparecendo a frustración dunha relación e
moitas experiencias vitais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario