Editorial: Xerais,
Elexías de luz,
o libro no que María Victoria Moreno (1941-2005) traballaba cando a
sorprendeu a morte. Agora, Xerais recupera na súa colección de poesía
este libro, no que se inclúen dous poemarios, este que lle dá título ao
conxunto e outro, Duns folios que foron brancos, que só existía en manuscrito. A edición inclúe catro poemas soltos. Un deles é unha versión doutro
anterior, readaptado con motivo do dramático afundimento do Prestige
fronte ás costas galegas, e dous textos máis en castelán. Tamén se
presenta o poema que lle serviu para construír o pregón da Feira do
libro de Ponteareas no ano 2003.
Nós seleccionamos estes poemas:
Eu
quixera esculpir en luz e aire
non
o corpo do amado,
non
a imaxe que gardan os meus ollos,
mais
a traza do paso
luminoso
que enchera a miña alma
de
flores, soño e pranto.
Eu
quixera tecer en fíos de auga
non
as verbas do amado,
non
as conversas que o solpor arrola,
mais
este doce laio
que
habita nas distancias asequibles
resolto
en vento maino.
.................................................
CANTIGA
Neste
amencer de pombas indecisas
conversarei
coas fontes
onde
beben pesares cristalinos
as
sombras que se axitan pola noite.
Esa
lúa de prata
atopou
o tesouro
que eu
perdera na auga.
No
laio dos farois agonizantes
evocarei
os nomes
que
acenderon lucernas balbucintes
nas
fragas mestas onde os medos dormen.
Esa
lúa de prata
atopou
o tesouro
que
eu perdera na auga.
Neste
tremor de chumbo e de diamante
serei
luz que se esconde
no ardor
aceso que xerou os días
ou na
xerfa esfiañada en surtidores.
Esa
lúa de prata
atopou
o tesouro
que
eu pedera na auga.
No
rubor das estrelas acaladas
achegareime
á morte,
sentirei
o feitizo dos seus ollos,
e o seu
bico na fronte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario