Autor: Xosé Neira Vilas.
Editorial: Galaxia.
Transcorre nunha aldea galega durante os anos da Guerra Civil. Todo xira
arredor da existencia dun neno duns nove anos, cheo de curiosidade mais
ao que lle custa entender o que acontece. Con todo, vai madurecendo e
vai percibindo algo nese mundo a un tempo estreito e universal. Con
tenrura e sinxeleza. Moncho vaise achegando ao que sucede ata o punto de
querer incorporarse a unha loita que está máis alá das súas
posibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario