Voodoo é un proxecto moi persoal do dúo formado por Belém Tajes (voz e
teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha
(baixo), ambas radicadas na Coruña. Na súa particular cocteleira musical
mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en
clave de humor, soulk. Tales predicamentos casan con todos os artistas
que citan como fonte de inspiración: Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz,
Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder… Gañadoras do Premio Martín Códax
da Música Galega 2017 na categoría Soul/ Funk/ Blues, Voodoo acaba de
publicar o seu último traballo, Eu son Voodoo Vol. II, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego coas harmonías da música negra que tanto lles gustan.
Corasón vudúFonte videoclip: Vudú música
Unha muller. Un fío. Unha rede de mulleres. A búsqueda incansable do
propio ser. Ser-Muller. A búsqueda a través da vida e dos anos. A pesar
dos prexuízos, dos golpes, dos cambios, na procura de nós mesmas, pero
sabendo que compartimos un corasón inmenso e xeneroso, que late por
todas e cada unha de nós. Forte. Cada vez, máis forte.
Dirección Juanpa Ameneiros.
Produción Xende López.
Vudú.2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario