10 decembro 2018

Gancho Sanches: "Néboa" e "Estrela"

GANCHO SANCHES é unha banda de psycho-folk formada en Barcelona no outono de 2014. Ao proxecto, inicialmente composto por Brais Sánchez (ex guitarrista de Kertuler) en solitario (guitarra acústica e voz) únense Matías Unruh (ex membro dos Telephones Rouges) á guitarra eléctrica e Iván Olmedo (ex membro de Le Cûl) á batería e coros.
Mantendo algunhas das composicións seminais do proxecto en solitario de Brais, o trío vainas levando cara o seu terreo e atopando o seu son, comezando a escribir tamén en galego. Os seus directos evolucionaron dende a súa estrea no mítico Heliogàbal de Barcelona, en outubro de 2014, incluíndo novos mediostécnicos cos que defender as novas composicións e ideas.

Este novembro acaban de gravar no Bungalow Studio  "Néboa"

 
"Estrela":




https://ganchosanches.bandcamp.com/

Ningún comentario: