O 7 de decembro de 2018 , Xoana presentou no "Centro recreativo e Cultural" do Porriño "Dardos".
Cos seus 20 anos, Xoana está inmersa nun proxecto musical que ten coma
principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de
ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o
disco co que pretende irromper no mundo da música e utilizar esta coma
un medio de denuncia. Está composto por 10 cancións e todas elas xiran
arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a
música para invitar a realizar cambios! A
diversidade de cancións e estilos está sempre presente nas distintas
composicións, polo que o disco goza de riqueza musical e temática.
“Mártires” é o seu primeiro videoclip e está moi ligado á
función reivindicativa do disco, nel realízase unha queixa contra a
violencia de xénero. Aquí, a muller ten o papel protagonista e a través
das imaxes perséguese trasladar ó espectador o sentimento de angustia e a
sensación de apresamento á que están sometidas.
Por outra banda, este disco está orientado a achegarlles
ós máis novos a música galega en galego, e que asemade a sintan
como algo propio, de xeito semellante ó que Xoana experimentou.
Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario