Neste vídeo do alumnado do IES Pontepedirña (Santiago) baixo o paraugas da feliz proposta de 21 días co galego e máis defende con bos argumentos un dominio.gal que está moi próximo aos 5000 rexistros.
Claro que un, como profesor, intenta descubrirlle ao alumnado e a quen
lle toque, un dos maiores males do ensino, e da sociedade en xeral: a
hipocrisía. Quen fixo divulgación deste audiovisual foi a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), e fixo ben. Tan ben que eu tamén o fixen,
pero fíxeno preguntándome como é posible que unha institución que forma
parte do goberno da Xunta, como é a SXPL, ten o santo morro de estar
por unha banda gabando o dominio.gal mentres que pola outra xustifica o
inxustificable, que 4 anos e medio despois da posta en marcha do
dominio, aínda haxa unha chea de organismos oficiais que circulan por
outros camiños.
- SERGAS (https://www.sergas.es/)
- Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/)
- IGAPE (http://www.igape.es/gl/=)
- Espazo Abalar (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/)
- FP (http://www.edu.xunta.es/fp/)
- Navega con rumbo (http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/)
- Correo Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (https://www.edu.xunta.es/webmail/login.php)
- A Galiña Azul (http://www.escolasinfantisdegalicia.es/)
- Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (http://www.igualdadebenestar.org/)
- Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/sicon/inicio)
- CETMAR (http://www.cetmar.org/)
Co engadido de que neste último portal o galego está desaparecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario