Club de Lectura "Colegas das palabras".
IES JULIO PRIETO NESPEREIRA
10 xaneiro 2019
"Camiños" de Pauliña
"Camiños" de Pauliña. Unha canción contra a violencia de xénero.
Pauliña ft. Valtònyc - "Eu vin o mar chorar"
Daquela o mar tiña un sabor amargo, daquela mesturábanse entre bágoas os
exilios e as soidades.
Daquela foron as guerras, o traballo, a fame ou a propia vontade.
Daquela non cesaban os disparos, e os berros estaban a orde do día.
Algúns, algunhas subían sen pasaxe, pensando no futuro e sen abrigo.
Daquela, dicían “xa virán tempos mellores”, daquela aínda se pasaba
fame.
O peor de todo é que vou a violar a realidade e afirmar que, daquela non
quedou tan pasado, que a néboa que formaron foi tan só pra vestirnos de
entroido e facernos crer que dende aquela, a democracia aínda non ten
liberdade, e que se aínda fose democracia, existiría a expresión.
E agora, excusamos dicíndonos: “eses foron outros tempos”.
“É unha contraposición entre os exilios do 36 e o acontecido no último ano”. Así presenta Pauliña a súa nova canción Eu vin o mar chorar, videclip incluído, en que colabora o rapeiro mallorquín Valtònyc, exiliado en Bélxica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario