A revista musical británica Songlines, especializada en músicas do
mundo, tradicionais e fusión, e cunha tiraxe en papel de 20.000
exemplares vén de colocar o disco Déixaas(Fol Music, 2018) de
Mercedes Peón como finalista entre os catro albumes seleccionados como
os mellores da música feita en Europa no pasado ano. Do traballo feito
en Songlines recoñece os límites cruzados por Peón en
canto aos canons do tradicional e dí: "Mercedes Peón presta á música
popular galega unha nova imaxe e carácter contemporáneo. O seu quinto
álbum afástase dos arranxos tradicionais en favor dunha paleta de sons
que van desde o heavy metal ata o minimalismo abstracto, sobre a cal ela
fai xemer con desinhibición a súa poesía enfeitizadora". A portuguesa
Mariza, a banda danesa Dreamer’s Circus e o violinista británico Sam
Sweeney so os outros tres finalistas nesta categoría europea. O vindeiro
10 de maio coñecerase a decisión do xurado conformado por un panel
internacional de xornalistas especializados.
Por se esquecerades ver o videoclip en abril do 2018 neste blog, aí vos vai:
Ningún comentario:
Publicar un comentario