Este tema de Su Garrido Pombo ponlle voz e música ao poema de Ana Romaní " Camiñan descalzas polas rochas" que daba título a un volume colectivo, publicado por Amnistía Internacional e Tris Tram //onde participaban once escritoras e dez ilustradoras. . Nel, as mulleres teñen un papel activo como axentes do cambio e defensoras dos dereitos no mundo da discriminación universal.
Para saber máis da autora: http://sugarridopombo.com/bio
Texto do poema do vídeo: "Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece. ANA ROMANÍ Das últimas mareas (1994)
Su Garrido grava o seu primeiro disco en solitario “Quedo a vivir aquí “ no 2018 (leva no mundo da música dende o 99).
Ningún comentario:
Publicar un comentario