ConSentimento (2011) é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan
realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral
galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha
cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres
que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e
beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán
Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a
unha nova realidade. Un disco con vocación acústica, no que a guitarra,
o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección a beleza do
canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da
actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva
Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por
conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.
LEILIA - CONsentimento from merlo branco producións on Vimeo.
INFORMACIÓN DESTE TRABALLO: http://leilia.net/discografia/disco-5/
Ningún comentario:
Publicar un comentario