28 setembro 2019

PREMIO AO MELLO TEMA DE HIP HOP EN GALEGO 2018

Alto Asalto - Caixa de cristal 

 Tema incluído no Lp SOÑOS E QUIMERAS (2018)

 Letras / Voces por GatoPersa e Moudafaka.  Instrumental por Screwaholic Gravación e mistura por MOU en Rapapoulo (Ordes).  Máster por Jamminmasters (Berlín). Unha obra audiovisual de Alberto Lora

Letra:

 Moudafaka: Nunca fun tan libre lonxe deso onde non quero estar, non me pode molestar o malestar de estar mentíndome a mín mesmo para encaixar co resto non hai camiño recto nesta costa posta aposta polos mesmos dos impostos, que che tratan como a bosta, aquí non hai pistas, non tópa-la resposta! A ver se caes da cresta e devolves algunha ostia, érguete da sesta! non todo van ser festas! Ven a peste que se orquesta nos ventos do leste, deforesta apreste, calquer mente agreste....apesta! o cheiro cada vez é máis funesto, a pasta deshonesta sempre torna en manifesto, aplastando restos, secuestrando xestos, infesto e descomposto sen poder poñerlle rostro, eu mato polos meus, tí faino polos teus, son libre sen Deus, o responsable dos meus erros. 

ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal. 

GatoPersa: Ver esos buítres bailando arredor do Sol, nun guión que se repite en bucle, reixas invisibles que te fan sentir inútil, nun mundo táctil, ai cariño! dame un chute pola napia, e imos de Versace! As novas sereas xa non van a por Ulises, tan pagadas por Soros pra que te psicoanalicen, confrontan ó humano sempre en 2 matices histéricos, estou en extinción coma os linces ibéricos, siguen ó existencialismo como unha relixión, logo hai depresión, porque van de algo que non son, liberais de Hong Kong con rastas e tatús queren vir a dar leccións como Cristo na crús, imos ca lingua na fase de sacarlle brillo, aplastar cús! non paran de botar pús...putas da industria! Moulin Rouge! Molesta a lus nos ollos porque non a viras nunca, molesta a lus nos ollos porque non a viras nunca! 

ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal. 

 Moudafaka: Felís con pouco ou nada, entón serás felís con todo, a boca faise porca, cando empina o cóbado, de luns a sábado, matemáticas mortas, ollos nas mirillas, controlan tralas portas... pendientes do que fas! e non do que fan eles! calan porque temen, por se caen un par de tortas; bolas de goma e porras, que o medo te coma e corras, que te convirtas nun comepollas, que obedezas e que non te movas! 

GatoPersa: Non sei qué nova moda inventarán estos carallos, hai un camiño que non vai a Roma e quero encontralo, a liberdade do individuo é un valor inventado se vives nun mundo de resíduos asíduo ó sado... eu era de ir de cuncas, levar vacas ó establo, sen o autoengano de pavos que se cren de Chicago, temos o estilo secuestrado coma se fora un empresario, dos gordos, os corvos volven a voar polo páramo! 

 ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal.

Ningún comentario: