Xabier Díaz: "Somos unha especie de indies, pero da tribo 'tradi'. E non queremos ser estampas 'galleguizadoras' nin floreiros"Montse Dopico @montsedopico
Entrevista completa no Praza : https://praza.gal/cultura/xabier-diaz-somos-unha-especie-de-indies-pero-da-tribo-tradi-e-non-queremos-ser-estampas-galleguizadoras-nin-floreiros
Unha reivindicación das músicas do noroeste peninsular, que permanecen
un pouco "orfas" de marca, de cara a fóra, ante a presión dos
estereotipos sobre a música española. Así presenta Xabier Díaz Noró,
o segundo traballo que comparte coas Adufeiras de Salitre. O nome, tan
estraño, non é unha casualidade. Un neoloxismo que remite ao norte, e
que foxe dos tópicos, coma o contido do disco. Porque, di Xabier en
poucas palabras, os músicos "tradis" xa non son tan "conservacionistas",
non se guían tanto pola "tiranía de facer o que hai que facer".
Mais iso non é novidade. A cuestión é que non é só cousa de creación
estética, de liberdade para transformar, para reinterpretar as melodías
tradicionais. Senón tamén de conciencia. De sentido da responsabilidade
social. Por iso Xabier Díaz di estar "a tope", por exemplo, coas
mulleres que están a reivindicar a superación dos resquicios machistas
do folclore. Por iso explica que se arrepinte de ter cantando certas
pezas por machistas. E polo mesmo reclama para a música "tradi" unha
consideración de tan "moderna" como a indie ou outras tendencias
actuais. Falamos con el.
Que é Noró?
Desta volta busquei unha palabra que puidese funcionar coma un
neoloxismo. Tamén para fuxir do tópico, dos títulos máis manidos. Noró
quere dicir noroeste, norte, e remite ás músicas do noroeste peninsular.
Este disco reivindica as músicas do noroeste, a súa riqueza a
variedade, que tantas veces queda ensombrecida polos estereotipos sobre a
música española: flamenco e faralaes...(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario