TÍTULO: HISTORIAS DE OREGÓN.
EDITORIAL: XERAIS.
FICHA EDITORIAL: Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A
policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu
corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao
río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P. encóntrase unha
vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M. T.
esfórzase por atopar as palabras axeitadas cando Rafael B.D. se presenta
na súa casa cun ramo de rosas para expresarlle a súa admiración. Aurora
P.G., unha doante cero positivo, sofre cada noite a violencia do seu
home. Os membros da brigada antiinciendios enfróntanse a esa nube sucia
que percorre a ladeira do monte. Eis algunhas das historias que se
mesturan nos límites de Oregón, ese lugar sombrío
debuxado pola precariedade e os proxectos truncados pola sorte adversa.
Vidas cruzadas de personaxes que viven nas marxes, tramas paralelas que
conforman un mosaico incompleto, aínda que representativo das maiores
inxustizas e contradicións das sociedades urbanas do noso tempo.
1 comentario:
A novela conta varias tramas paralelas que lle ocorren a diferentes veciños de Oregón (topónimo que o autor utiliza en vez de Ourense). Nesas historias trátase a violencia machista, a inestabilidade laboral, a vaga de incendios... diversos temas que seguen a estar na actualidade. Tamén, hai unha historia que se basa nun asasinato.
O libro ten varios capítulos nos que se vai contando partes de cada historia. Todas teñen un final aberto pero que o lector pode intuír.
Non foi o mellor libro que lín, xa que ao comezar a lelo perdíame un pouco con cada personaxe. Pero, finalmente, gustoume como o autor fai que, dalgunha maneira, unhas historias tan diferentes estean conectadas entre si.
Publicar un comentario