Crean un videoxogo baseado no roubo do Códice Calixtino.
Estudantes de Comunicación e Telecomunicación da UVigo colaboran nun
traballo inspirado nun relato do escritor e profesor Miguel Anxo
Fernández (o detective Frank Soutelo investiga o roubo do Códice Calixtino. Este personaxe será o protagonista de Timo Calixtino).
Serán preto de 20 alumnos e alumnas de cinco materias
dos graos en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e
Enxeñaría de Tecnoloxías de Comunicación participan na iniciativa que
por terceiro curso consecutivo promove o grupo de innovación docente ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte)
co propósito de achegar ao alumnado aos procesos de traballo da
industria do videoxogo. Este novo proxecto sucede ao impulsado o ano pasado coa novela Apocalipsis Z, de Manel Loureiro, e A viaxe do Elefante, en colaboración coa Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo.
As fases do proxecto: o alumnado de Videoxogos, comunicación e desenvolvemento, do
grao en Comunicación Audiovisual, responsabilízase “da parte de
narrativa” e ideación do xogo, debendo presentar ao remate da materia o
deseño completo do xogo. Os estudantes de Tecnoloxía multimedia e computer graphics, Produción audiovisual e Programación de sistemas intelixentes,
do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, “céntranse na
parte de programación”. Os tres equipos suman así mesmo estudantes da
materia Comunicación alternativa: medios virtuais e novos soportes publicitarios,
do grao en Publicidade e RRPP, “que achegan todo o que é o uso de redes
sociais, blogs e outra serie de ferramentas para comunicar todo o que
están facendo os grupos”. Exercendo nese senso como a axencia á que
recorrería unha produtora real, este grupo de estudantes encargouse
tanto de renovar a web do proxecto como de xestionar as redes sociais desta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario