Ala! é o primeiro traballo de Oîma, trío instrumental formado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martín Senande (acordeón diatónico).
Recollemos uns anaquiños da entrevista publicada en Sermos:https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/oima-presenta-disco-ala/20191204181148087870.html
Os ritmos do leste entran na nosa música de raíz da man de Oîma, que apresenta con Ala! o seu primeiro traballo de estudo, após catro anos inundando de mestizaxes musicais os torreiros do país. Neste tempo, gañaron a primeira edición do
Festival Folk de Artistas Emerxentes Val da Maía (Bertamiráns) en 2016,
anunciando unha carreira que, sen dúbida, ía dar que falar.
(...)Nós coñeciámonos do mundo da música tradicional, pero si que tiñamos
clara a idea de montarmos un grupo de música instrumental que xogase un
pouco coa música galega en relación coa música tradicional doutros
lugares. Sobre todo Antía e Martín, que estiveron máis fóra e gardaban
máis relación co mundo dos balkfolk europeos. Buscabamos ese
concepto de tocar para que a xente baile diferentes tipos de danzas, non
só galegas –que tamén. Ese era o punto de partida, mais procuramos
chegar máis lonxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario