Segundo traballo da Banda da Loba, Fábrica de luz : un traballo de creación, reflexión e
homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e
a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos
precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz.
As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son
fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o
que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.
Videoclip oficial.LETRA: A maquinaria ponse en marcha e as engranaxes a xirar. Cinco motores moven as pezas é o noso xeito de crear. Do máis pequeno faise o progreso dun elemento un volcán. Sen medo ao lume, sen medo á idea, sentirnos libres Fabricando luz... Soar sen teito, prender candeas para a escuridade iluminar. Soltar as vendas, soltar cadeas sentirnos fortes Fabricando luz…
Temas
- Fábrica de luz.
- Luz no furacán
- Adondar a lingua
- Tigres coma cabalos
- Anagnórise
- Corazóns de xiz
- A casa
- Tecín soia
- Distancia imantada
- Morra o conto
- A rede
- Catalina
Ningún comentario:
Publicar un comentario