Os Tres Pés celebran o cabodano de Castelao
Con motivo do 70 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o proxecto conxunto Os Tres Pés presenta un adianto do seu futuro traballo, versionando "Compañeiro Daniel".
Esta formación reúne tres referentes imprescindíbeis da música galega actual: Leo Arremecághona, Xose Constenla e Roberto F. Sobrado.
O anticipo vén da man dun vídeo gravado nas Bungalow sessions nos que os tres cantautores alternan as súas voces para homenaxear ao unha das figuras máis senlleiras do galeguismo.
FONTE: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/pes-celebran-cabodano-castelao/20200107175006089278.html
Os Tres Pés son O Leo, Sobrado e Constenla; xuntos pra ofrecer esta
canción de aires combativos homenaxeando a unha das figuras máis
importantes da cultura galega, Castelao.
Peza de Darío Xohán Cabana.
Música de Suso Vaamonde.
+info:
bungalowstudio.es
info@bungalowstudio.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario