15 febreiro 2020

The Skarnivals: Do revés

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega, nada en Bueu no 2012 e a punto de publicar novo traballo neste 2020,  do primeiro single "Do revés" xa podemos ver o videoclip:


Segundo as palabras do grupo, a letra é "unha profunda crítica a un sistema en crise pola falta de liberdade que afecta a toda a sociedade". 
Algúns  dos emprazamentos atópanse en Bueu, Combarro  ou na praza de abastos de Pontevedra.
 Músicos :
Kome - vocal Adriá - Guitarra Alexandre - Guitarra Chavete - Trompeta Héctor - Trombón Javi Chanke - Batería Txelas - Gaita Ziku - Baixo
Letra Do Revés :
Se o poema é unha condena E a escultura un cárcere Imos do revés E somos libres! Os chíos engaiolados Os merlos non alzan vo Nin arte nin son Coidado coa expresión Que os que falan das verdades, Xa nos han de incriminar Deixa estar que os levo o vento co seu fundamento, que o noso a de voar. Que ninguén poida impoñer O que se ha de facer ver, Escribir ou ler, Sen reprender No saber está o poder Non na represión Contra censura reflexión Esa é a cuestión Que con afouteza, Pinten lenzos cun novo amencer, Sonetos como saetas, E libres poetas sen versos por absolver Non solo queda compaixón Polos que luitan con paixón Na loita polas suás crenzas Aaanos escuros na expresión Silenciados sen razón condenados a vetar o sooooooon Sempre no abismo, fillos do mutismo encuberto tras un espexismo Cando na fala se premia ao que cala, o mundo bala en favor do ostracismo. Ni os barrotes han calar, Ni os muros han silenciar, Que a voz flua libre e con alma que vibre Longas noites nunca mais Que as verbas rexurdan con fulgor, do vello caixón Soterrando os medos, ergámonos ledos nunha mesma vooooooz.

1 comentario:

Anónimo dixo...

PORQUERIA