Mira quen fala galego
Unha vez máis, grazas á https://cartaxeometrica.blogspot.com/
coñecemos a xente que ama e respecta a nosa lingua e a usa... USA!
Este mestre do estado de Nova York, nos Estados Unidos, explica as razóns polas que se interesou pola nosa lingua e se botou a falala. Comenta que lle dá moita mágoa ver a falta de aprecio polo galego dalgúns cidadáns. Conta o caso dun veciño da Coruña que se puxo en contacto con el para ter un compañeiro de conversa. El escribiulle en galego, e o coruñés reprochoullo. "Sentinme moi insultado", comenta o mestre.
Ten unha canle en youtube: https://www.youtube.com/channel/UCzl3jvhyLbmrfBx8-WZG7PA
Ningún comentario:
Publicar un comentario