Unha profesora da UDC négase a correxir un exame en galego.
Os feitos fixéronse públicos despois de que o estudante reproducise nun chío a resposta da docente respecto dun traballo que presentara en galego:"No puedo corregir la redacción en gallego"... los textos que no entiendo los traduzco en Google y valoraré según la traducción que me de"
Outra compañeira recibiu “a mesma mensaxe”.
Ante esta situación, o alumno denunciou o caso co obxectivo de reivindicar que se cumpran os seus dereitos lingüísticos.
A Universidade da Coruña dirixiuse directamente aos alumnos afectados a través do seu perfil oficial no Twitter. “Trasládovos a ti e á túa compañeira a desculpa da institución. É lamentable. Calar non é unha opción cando traballamos arreo por unha universidade pública, galega e feminista”, sinala a universidade na súa resposta.
Noutro chío, a UDC di que a resposta da profesora “é un manifestación persoal”que “non representa a postura oficial da UDC, que traballa arreo –engade– por unha universidade pública, galega e feminista”. A UDC engade finalmente que está tomando xa medidas para evitar situacións de discriminación e desprezo pola nosa lingua.
A día de hoxe creo que a profesora aínda non pediu desculpas.
Que no S.XXI isto sexa titular nas redes, televisións e xornais demostra o pouco respecto que mostra certo funcionariado público polos dereitos do alumnado galego. Se o profesorado ( ben sexa universitario ou doutro nivel educativo) non ten competencias lingüísticas non debería optar a un posto de traballo na nosa comunidade.
Non vos asustedes... que xa o Séchu escribiu o relato" A lingua máis difícil" no seu Made in Galiza para apoiar estes casos. 😤
Acadar títulos de graos e post graos universitarios, aprender un ou varios idiomas xermánicos é doadísimo. Onde vai parar... O que debe ser difícil é desenvolver o sentido do ouvido, da vista e sobre todo: DO RESPECTO!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario