Mounqup, alter ego de Camille Hédouin (Rouen, Normandía, 1986)
O 26 de novembro de 2017 este blog recollía un tema de Mounqup chamado Horta live https://colegasdaspalabras.blogspot.com/2017/11/horta-live.html .
O 9 de febreiro de 2021 escóitamola con "A ceniza" (Un país para escucharlo) en https://www.rtve.es/alacarta/videos/un-pais-para-escucharlo/galicia/5788418/.
Hoxe convidámosvos a ler a entrevista de Nós diario FONTE: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/vese-mais-cribel-mozo-manexa-maquinas-compon-produce-muller-fai-iso/20180829174815071708.html
" A súa música foxe de etiquetas, pois os seus loops e samplers soan tribais con moita influencia de jazz, música electrónica e soul. Aínda que din dela que é a Björk galega, posúe un estilo propio, hipnotizador, en que a lingua e a problemática social están presentes. Durante este verán o seu nome estivo no cartaz de festivais como o Sinsal ou o Noroeste, ademais de formar parte do concerto Compostela, Territorio das Mulleres. Con tan só dous discos editados, ten no seu haber o premio Fran Pérez “Narf” da Deputación da Coruña 2017 e o Martín Códax 2018. Eis un extracto da conversa que publicamos no número 311 de Sermos Galiza."
... e a escoitar véndoa no Festival Micro SonRías Baixas 2020,
pola Ruta dos moíños do Río Bispo ( concerto de Mounqup á vez que aprendemos como se elabora ol Pan de Galicia no obradoiro da Panadaría de Amador de Bueu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario