CANDORKA TRÍO constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.
FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.
En fefreiro de 2021 saíu o primeiro single, "Muíños":
Os muíños andan e desandan, igual que o ben querer. Unha canción de amor e desamor que fai dialogar a tradición galega coa bielorrusa.
Letra:
Canta, rula, canta, rula,
canta, rula, naquel souto,
triste canta quen espera
por amores que son doutro.
Травачка-муравачка,
Ружовы цвяток,
Ды я праз цябе высахла,
Эй, Любы галубок.
Dous muíños a moer,
dous muíños a moer,
un anda e outro desanda,
así fai o ben querer.
Letra: Tradicional
Música: Tradicional, Vadim Yukhnevich
Gravación e mestura: Arturo Vaquero, Abrigueiro Estudios
Videoclip: Alvaro L. Barreiro
Contratación: Abel Mialma Producióis
Ningún comentario:
Publicar un comentario