AUTOR: Manuel Portas.
EDITORIAL: Galaxia. Premio García Barros 2015.
Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con
ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará
fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa
recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os
desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin
sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán
vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres
sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non
van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun
soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por
se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo e arrastra desde a
adolescencia unha historia de amor coa filla dunha das familias máis
sobranceiras da época.
O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista

Ningún comentario:
Publicar un comentario