03 marzo 2023

Fillas de Cassandra // ACRÓPOLE

Fillas de Cassandra

As viguesas María Pérez, artisticamente MaríaSoa (1996) e Sara Faro (2001) son Fillas de Cassandra, un proxecto musical que toma coma referencia o mito de Cassandra, muller á que se lle negou á voz, e lembran que elas son porque antes houbo quen loitou, quen deu vida.

 É así como nace Fillas de Cassandra, que agora presenta en directo o seu primeiro disco, "Acrópole", este sábado, 4 de marzo, a partir das 21.00h na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

 A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que o dúo tece as súas composicións, que beben tanto da música e das coplas tradicionais coma da música clásica o do pop, e que agroman dun xeito natural acompañadas dunhas contundentes bases electrónicas.

 

 

 

"Acrópole" é un álbum conceptual no que Fillas de Cassandra viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual, ao que devolven unha ollada feminista e contemporánea a través da música.  

O traballo, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual https://tremendoaudiovisual.com/berto , fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo Lisístrata. No seu directo, no que o dúo contará coas colaboracións especiais de Berto, Mondra e algunha outra sorpresa, Fillas de Cassandra trasladará o relato do álbum ao escenarios. O concerto terá unha fonda carga teatral, no que presentarán unha proposta moi narrativa, ao igual que o seu disco. "Queremos que a Capitol se transforme nunha acrópole", afirma o dúo. 

Máis Info:

 https://tremendoaudiovisual.com/berto

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=34830 

https://www.luneda.gal/tremendo/fillas-de-cassandra/

 

  A TODES ES MOZES QUE QUEREDES SABER-FACER,  PARA CONSTRUÍRMOS UN MUNDO MELLOR, SÓ POSÍBEL CUNHA EDUCACIÓN NO FEMINISMO.

DENDE O PENSAMENTO E CORAZÓN. IES J. PRIETO NESPEREIRA.

Ningún comentario: