21 outubro 2008

Dos arquivos do trasno


DOS ARQUIVOS DO TRASNO foi publicado polo rianxeiro Rafael Dieste no ano
1926.
Inicialmente, a obra estaría constituída por oito contos, mais o éxito en lectores e críticos faría que o número crecese até chegar aos vinteún actuais, nos cales, o escritor agardaba reproducir os dous elementos, para el ensenciais, INTRIGA e FINAL SORPRENDENTE.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O que inicialmente serían uns oito contos, aproximadamente, os que constituirían a obra, debido ao éxito nos lectores e das críticas literarias, iríase incrementando até chegar aun número de 21, nos cales Dieste pretendía reproducir os dous fundamentos que el consideraba esenciais na elaboración dun conto: INTRIGA e FINAL SORPRENDENTE. Pero conseguría o seu propósito en todos e cada un deles? Ben, para comprobalo teredes que mergullarvos neste mundo fantástico...

Anónimo dixo...

Xoga moito co tema da emigración, quizais por ser fillo de inmigrante e os relatos están ambiados, na súa gran maioría, na costa (Dieste era rianxeiro)e en lugares trepidantes (ceminterios, cadaleitos...).
O que si destacaría son os trazos comúns aos contos:
-O nº de personaxes é reducido.
-Intriga e finais sorprendentes en case todos os relatos...
Ben, xa non conto máis que para saborear as lecturas hai que lelas...
Saúdos