“Erros e Tánatos” componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender.
Autor: Gonzalo Navaza.
1 comentario:
"Erros e Tánatos" é un conxunto de dez textos narrativos breves escritos por Gonzalo Navaza (Lalín,1957), profesor da Universidade de Vigo.
Cada un dos relatos conta unha historia diferente. Estes relatos tratan temas entorno á morte ou a inxenuidade das persoas dotados de humor e ironía. O desenlace na maioría das historias tende a ser imprevisíbel, desfacendo o final esperado polo lector.Así, eu penso que o autor quérenos demostrar o inesperábel que é a vida.
Desde o meu punto de vista "Erros e Tánatos" paréceme un libro entretido, fácil de ler e útil para facernos a idea de que ás veces non todo é como pensamos que é. Por outra banda, dentro dos dez relatos do libro, quero destacar o primeiro (Bull y Mignonne) xa que foi o que máis megustou. Nesa historia obsérvase a inxenuidade dun portugués fronte a astucia de Emiliano Zingarelli, que consegue que o portugués abandone o tren deixando a señorita soa, para así Emiliano podela conquistar.
Publicar un comentario