21 outubro 2008

A esmorga

É unha novela ambientada en Ourense que conta a historia de tres homes (Cibrán, O Bocas e Milhomes) que van de esmorga .

Autor: Eduardo Blanco Amor.

7 comentarios:

Martín DD dixo...

Novela ambientada na cidade de Ourense.
24 horas de narración repletas de tensión e de ilegalidades que desembocan nun final tráxico.

Anónimo dixo...

Novela ambientada na cidade de Ourense e cun extenso nó, denso en feitos que mantén a tensión e a incertidume ata o final.
24 horas de narración repletas de tensión e de ilegalidades que desembocan nun final tráxico.

Saki dixo...

Novela de Eduardo Blanco Amor ambientada na cidade de Ourense que conta as peripecias que viven tres amigos nun día e medio.

Escrita con un galego en rexistro informal que desde o meu punto de vista dificulta un pouco a lectura.

Cero dixo...

Ter que ler esta obra como obriga,e soio a fragmentos,pareceume una condena no momento en que me encargaron.Xa que entre que nas opinións que recibira dos arredores non saia nada ben favorecida, que estaba escrito en galego antiguo,que o título me confundía(por esmola e esmorga,non coñecendo a definición exacta desta segunda)e que pensaba que un fragmento titulado "ligando buga"(que non me gusta nada,e aparece na maioría dos libros de texto)pertencia a esta novela..............
Pero en canto comecei a lela, a miña concepción cambiou en gran medida e acabei lendoo enteiro, voluntariamente,de boa gana y como unha especie de reto...
O único que hay que facer e cambiar o CHIP antes de comenzar con ela...Recomendoa a aqueles que............

Sus R. dixo...

A min pasoume algo parecido a Cero. A xente véndeche A ESMORGA como un "coñazo"... e comezas con esa idea na cabeza... , pero todo cambia cando a historia flúe por ti e te engaiola...
Recoméndoa clarisimamente. Esta obra de Blanco Amor merece ser lida.
Biquiños!!!8-D

Borja dixo...

Este libro paréceme interesante para comprender como vivía a xente a principios do S.XX, pero gustoume máis a adaptación teatral que fixo o grupo Sarabela.

Alba Estévez González dixo...

Esta historia empeza coa declaración de Cibrán ante un xuíz. Conta que el encontrouse unha noite cos seus dous amigos, o Milhomes e o Bocas, e estes animáronlle a saír de esmorga. El aceptou a proposta e empezan a aventurarse nas rúas da cidade de Auria. Pasan parte da noite nun local, nunha casa rica, pero non é ata o terceiro día cando empezan a meterse en graves problemas que conducen a estes tres homes cara un final tráxico. O Milhomes acoitela ao Bocas, matándoo, e tamén á Cibrán, pero este non morre, so queda malferido. Ao ver o que acababa de facer, foxe, pero morre afundido nunha lagoa. A historia remata co suicidio de Cibrán, que se crava o coitelo na cárcere.

Este libro, para min, foi un pouco difícil de leer pola linguaxe que utiliza. Polo demais, pareceume un libro entretido e interesante, aínda que me sorprendeu o detalle do "pensamento". En xeral, é unha boa obra.