21 outubro 2008

A esmorga

É unha novela ambientada en Ourense que conta a historia de tres homes (Cibrán, O Bocas e Milhomes) que van de esmorga .

Autor: Eduardo Blanco Amor.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Novela ambientada na cidade de Ourense.
24 horas de narración repletas de tensión e de ilegalidades que desembocan nun final tráxico.

Anónimo dixo...

Novela ambientada na cidade de Ourense e cun extenso nó, denso en feitos que mantén a tensión e a incertidume ata o final.
24 horas de narración repletas de tensión e de ilegalidades que desembocan nun final tráxico.

Anónimo dixo...

Novela de Eduardo Blanco Amor ambientada na cidade de Ourense que conta as peripecias que viven tres amigos nun día e medio.

Escrita con un galego en rexistro informal que desde o meu punto de vista dificulta un pouco a lectura.

Anónimo dixo...

Ter que ler esta obra como obriga,e soio a fragmentos,pareceume una condena no momento en que me encargaron.Xa que entre que nas opinións que recibira dos arredores non saia nada ben favorecida, que estaba escrito en galego antiguo,que o título me confundía(por esmola e esmorga,non coñecendo a definición exacta desta segunda)e que pensaba que un fragmento titulado "ligando buga"(que non me gusta nada,e aparece na maioría dos libros de texto)pertencia a esta novela..............
Pero en canto comecei a lela, a miña concepción cambiou en gran medida e acabei lendoo enteiro, voluntariamente,de boa gana y como unha especie de reto...
O único que hay que facer e cambiar o CHIP antes de comenzar con ela...Recomendoa a aqueles que............

Sus R. dixo...

A min pasoume algo parecido a Cero. A xente véndeche A ESMORGA como un "coñazo"... e comezas con esa idea na cabeza... , pero todo cambia cando a historia flúe por ti e te engaiola...
Recoméndoa clarisimamente. Esta obra de Blanco Amor merece ser lida.
Biquiños!!!8-D

Borja dixo...

Este libro paréceme interesante para comprender como vivía a xente a principios do S.XX, pero gustoume máis a adaptación teatral que fixo o grupo Sarabela.

Alba Estévez González dixo...

Esta historia empeza coa declaración de Cibrán ante un xuíz. Conta que el encontrouse unha noite cos seus dous amigos, o Milhomes e o Bocas, e estes animáronlle a saír de esmorga. El aceptou a proposta e empezan a aventurarse nas rúas da cidade de Auria. Pasan parte da noite nun local, nunha casa rica, pero non é ata o terceiro día cando empezan a meterse en graves problemas que conducen a estes tres homes cara un final tráxico. O Milhomes acoitela ao Bocas, matándoo, e tamén á Cibrán, pero este non morre, so queda malferido. Ao ver o que acababa de facer, foxe, pero morre afundido nunha lagoa. A historia remata co suicidio de Cibrán, que se crava o coitelo na cárcere.

Este libro, para min, foi un pouco difícil de leer pola linguaxe que utiliza. Polo demais, pareceume un libro entretido e interesante, aínda que me sorprendeu o detalle do "pensamento". En xeral, é unha boa obra.

Javi 1°Bach A dixo...

A Esmorga é unha novela do autor Eduardo Blanco Amor e que está ambientada na cidade de Auria (Ourense) a comezos do século XX.
Dende o meu punto de vista é una obra moi amena e fácil de ler, porque, a pesar de que emprega un vocabulario antigo, a historia está estruturada e resumida en pouco máis de cen follas, polo tanto non se fai moi pesada e é de lectura rápida.
Pareceume un libro moi entretido xa que na historia hai acción e intriga cada pouco tempo, o que provoca que o libro enganche aínda que non che guste ler moito.

Alexia Sánchez 1º BAC A dixo...

A Esmorga é unha novela de comezos do século XX ambientada en Ourense.
Por unha banda, encántame a trama e a maneira na que está contada, pois o feito de ser parte dun xuízo faino aínda máis emocionante e xera máis intriga. Ademais, considero que os personaxes están moi ben descritos en canto á súa personalidade, e persoalmente, o meu favorito é o Milhomes.
Por outra banda, non me agrada o final, pois déixanos entrever que Cibrán suicídase logo do xuízo mais o autor remata dicindo que non se sabe moi ben como morre. Asimesmo, non me gustan as escenas violentas que son protagonizadas, xeralmente, polo Bocas, pois resúltanme incómodas.
Estou contenta de haber escollido esta obra porque non me costou nada lela e incluso fíxoseme curta.