10 outubro 2008

A sombra descalza de An Alfaya.

A sombra descalza de An Alfaya.
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.

Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Fóra de xogo

3 comentarios:

Raquel R B dixo...

Este é un libro sobre intrigas, pero non ás que estamos acostumados xa que non é de medo senón máis ben temos ansias de saber máis sobre o que sucederá.
Non é de ficción xa que trata dos efectos que produce sobre as persoas as guerras, a infidelidade, os amores obrigados por asuntos económicos que impiden a unha persoa estar co amor de verdade, pero, sobre todo, da curiosidade que sente Elsa, a protagonista, por saber todos os misterios que oculta a súa familia. Desta forma revela segredos ata agora descoñecidos pola meirande parte dela.
Aínda que é un libro curto comparado con outros é fácil de ler. O autor introduce a información importante de tal forma que ao acabar de lelo parece coma se che contansen detalladamente a vida destas persoas. Tamén nos fai ver que non todo na vida ten un final feliz xa que moitas veces ocorren as cousas menos desexadas no peor momento.
Recoméndoo para todas aquelas persoas dispostas a aceptar calquera final e que á vez se sorprendan polo inesperado que pode chegar a ser.

Eva e Alicia dixo...

Recomendamos enclarecidamente ler esta novela de An Alfaya. Mestúrase intriga, prexuízos, amor, curiosidade, política... unha boma explosiva que está presente na sociedade actual.
Elsa, unha rapaza de 16 anos, decide descubrir o por que da existencia case invisible da súa familiar, Sagrario, que pasa desapercivida tanto como para a súa irmá Amadora, como para ela mesma.
Pero non só Sagrario sofre en silencio; Florinda, a tía de Elsa, foi vendida polo seu propio pai e condenada a unha vida de falsedade e encubrimentos.

Non só aconteceu isto; non só sufriron Sagrario e Florencia; nesa familia, todos e cada un gardaban no seu peito grandes segredos e prexuízos. Esperanza discriminada polas súas orixes, Amadora enganada...

Rosa V. 1º-B dixo...

O libro gustoume moito. É bastante entretido e moi intrigante, xa que hai moitos segredos en ta oda a historia que Elsa, a protagonista, terá que resolver.

Tamén me gusta semellanza que hai entre Sagrario e FLorida, o único que non me gustou foi o castigo de Sagrario que foi demasiado duro.