10 outubro 2008

O gol imposible

Autor: Enrique Sánchez. Editorial: Edebé, Col.Periscopio.
Relata a investigación que leva a cabo o xornalista deportivo Julián Regueiro.“nas súas pescudas, o xornalista topará con máis dunha incógnita e cun asunto algo turbio”

2 comentarios:

Noelia R. dixo...

Un libro para os amantes do fútbol debido á perfecta combinación deste cos ingredientes propios dunha novela policiaca. Tamén está relacionado con outro libro deste autor, Enrique Sánchez,"Asasinato dun seareiro" no que Regueiro e a súa muller Marta teñen que resolver un asasinato."O gol imposible" ten ese algo que che fai continuar léndoo pola ansia que che provoca non saber como continuará. Polo tanto hai varios motivos que che poden impulsar a coller este libro: o seu autor é Enrique Sánchez, o tema principal xira arredor do mundo do fútbol,está cargado de intriga e é unha obra excelente.

Anónimo dixo...

O libro é algo surrealista porque por moi bo que sexas en algo nada che impide facer algo mal. Nalgúns momentos o autor lía demais a trama introducindo argumentos incesarios. O caso do empregado do arquivo de "La voz de Galicia" consegue datos aparentemente da nada. Aínda así recomendoo porque fala do fútbol.