06 novembro 2008

As mans do medo

Son catro relatos redondos: As mans do medo, Lambirón, Mondoñedo e Seis dedos. O último dos citados xa figuraba na Antoloxía do conto galego de medo (1995) de Silvia Gaspar. O vizoso mundo fantástico do lugués ofrécenos agora corpos mutilados e suxeitos a rexeneración dexenerativa, partes do corpo que cobran vida propia, homes peixe, os aparecidos da nosa tradición popular, etc.
Autor: Xosé Miranda.
Editorial Xerais. Colección Fóra de Xogo

3 comentarios:

Anónimo dixo...

É un libro moi interesante, que trata sobre moitas historias de medo. Como as historias son diferentes algunhas gustáronme máis ca outras. A que máis foi a última, chamada:"Mondoñedo".Nelas cóntalle o que lle acontece.
Recomendo este libro porque a min interesoume moito e se les un pouco apetéceche ler máis.

Silvia Moreda dixo...

Este libro non foi dos meus favoritos,xa que os libros de relatos non me enganchan tanto coma os outros.Quitando este pequeno detalle,hai historias que están moi ben,como a última ("Mondoñedo"),a primeira("As mans do medo") e algunha máis polo medio...en cambio había outras que eran tan curtas que non se entendía nada!
Pero en xeral,se queres ler un libro nun periodo de tempo curto,este é ideal,eu lino nunha tarde.

amalia dixo...

Hai un erro no texto: o autor destes relatos non é Agustín Fdez. Paz senón XOSÉ MIRANDA.