Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas de madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios.
Autora: Teresa Moure
1 comentario:
A casa dos Lucarios gustoume porque conta a vida dunha familia un tanto peculiar,e nñarranos como era a vida daquel entón e de como fixeron para quitar para diante.
o único que non me gustou tanto foi o final,porque conta como lles foi aos fillos de Rosa e Chicho no futuro e penso que se lía moito.E ademais pensei que o libro continuaría e que non tería ese final.
Iste libro pódeo ler calquera persoa de cursos anteriores porque non ten ninguna complicaión e é entretido.
Publicar un comentario