06 novembro 2008

Homónima

Unha estraña aparicion do seu nome en internet e unha curiosidade indomeable levan o protagonista desta novela (un ex-garda civil chamado Suso Paradela) a embarcarse nun avión con destino a unha remota paraxe mexicana. Alí, nun ambiente de misterio, aventura e violencia primitiva, atopará moito máis do que agardaba.




Autor: Antón Riveiro Coello

1 comentario:

Anónimo dixo...

Na miña opinión, pareceume unha historia moi ben construida. Todos os descubrimentos durante a historia foron clave para o final. Porén non me esperaba este desenlace, senón que esperaba ao gran asasino que argallaba todo para que non se descubrira o final.
A estrutura da historia ten moito mérito, porque monta unha árbore xenealóxica, sucesos históricos na aldea mexicana, personaxes misteriosos e enganosos,...
A personaxe que máis me gustou foi o de Lucrecia Vargas, e o que menos e máis me decepcionou, o cantineiro, Xesús Paradela Cienfuegos.
En definitiva, un libro con moitos detalles pero moi intrigante e detectivesco.