A sombra cazadora é a história de dous rapaces que viven nunha casa aillada co seu pai, unha persoa misteriosa que lles aprende a odiar ó “mundo exterior”, do que viven por completo desconectados, sen rádio, TV, nin xornais. Só aprenden polos libros, algunhas novelas, e pola lembranza da súa nai, que morréu hai uns anos. Por fin, cando morre o pai, dilles que no faiado da casa hai un grande segredo agochado: un televisor. E nel, “a sombra cazadora”, un ente electrónico que hai anos apoderóuse do mundo a través das pantallas de televisión, tomando coma rostro amigable nada menos que o de seu pai, quen noutrora foi un presentador de sona.
Autor: Suso de Toro.
Autor: Suso de Toro.
5 comentarios:
Este é un libro de ficción que recomendo ler,xa que á parte de ser sinxelo é moi entretido.Segundo vas avanzando vaiche intrigando máis.
trata de dous irmáns aos cales os seus pais os meteron nunha casa da cal só podían saír á finca xa que non querían que souberan o que sucedía no mundo exterior.O autor fai unha descrición moi clara dos personaxes,estes teñen nomes con referencias literarias e mitolóxicas.como por exemplo Teseo(é un dos protagonistas)na súa lenda cóntanos:que derrota o minotauro e co fío que lle deixara Ariadna,consegue saír do laberinto e volver a Atenas.
Esta lenda está moi relacionada cunha parte do libro xa que Teseo vence a Imaxe berrándolle o seu nome,a pantalla parte en pedazos e el sacrifica a súa vida para salvar a súa imá e ao resto do mundo.
Os demais nomes tamén están escollidos,todos teñen un significado metafórico-lendario.
TAMARA
Eu recomendo este libro porque e moi entretido, que trata de dous irmáns que teñen que escapar da casa para que unha imaxe non lles faga dano.Cando se atopan coa imaxe Teseo e máis súa irmá vencena e así destrúen a imaxe ainda que él teña que sacrificarse para salvar a humanidade da imaxe que creara seu pai.
Todos os nomes da historia teñen un significado especial...
É un libro que me gustou bastante. Custa comezar a entender a trama ao principio, xa que cambia de narrador en cada capítulo.Por isto, tárdase en engacharse a el nas primeiras páxinas. Amedida que vas lenda máis a intriga fai que se poña interesante.
Deste libro gústanme os personaxes, a súa forma de ser e como se describen na propia historia segundo vas lendo. A situación que viven paréceme atractiva e entretida.
O tema que trata paréceme interesante e considero que fai unha boa crítica a través da novela. A situación dos personaxes intenta transmitir o que está a suceder cos medios de comunicación na actualidade. Intenta concienciar de que todo o que estes mostran non é verdade, ás veces, proxectan só unha parte da verdade para non alterar a poboación ou para controlala máis facilmente. Manteñen á sociedade entretida durante todo o día e así cancelan a nosa capacidade de pensar libremente, influíndonos coas imaxes que mostran.
Sinceramente non recomendo este libro para nada. É coma un crebacabezas onde non encaixan a maioría das pezas. Chea de xiros sen sentido e de persoaxes confusos, líate cada vez máis. Enténdese a presentación dun futuro distópico pero non a historia que se desenvolve. Ademais as conexións coa mitoloxía son moi difusas e non aportan demasiado á historia. Un punto a favor é a forma na que está escrito, estrutura sinxela con alternancia de narrador en cada capítulo (entre os dous protagonistas) e cáptase deseguido. É un libro entretido se non valoras a lóxica tras a historia.
A Sombra Cazadora é unha novela de Suso de Toro no que mostra unha sociedade controlada polo mundo tecnolóxico e manipulada por unha Imaxe virtual. É unha historia que aborda moitos temas, dende o amor ata a mitoloxía. No relato logras conectar dende os primeiros instantes con distintos personaxes moi distintos. A súa lectura faise moi amena debido ao ritmo ascendente e á intriga creada. Faite pensar se nun futuro nos imos ver na situación social que representa a novela.
Publicar un comentario