06 novembro 2008

Un home que xaceu aquí

Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca. Cómica e tráxica ó mesmo tempo, Aníbal C. Malvar amosa un coñecemento sorprendente dos recursos propios do xénero policial utilizados aquí con gran habilidade, dando ó libro a tensión propia dunha boa película de suspense.
Autor: Aníbal C. Malvar.

2 comentarios:

hirene dixo...

Intriga...Intriga que intriga dende un primeiro momento,esa é unha das chaves desta obra,xunto coas pinceladas de humor. Mentiras e verdades taxantes,mestúranse e dilúense en whisky e máis mentira.
Un mecanoscrito desaparecido e a mecha que desencadea unha serie de sucesos que estalan ao descubrirse,e que proxectan novas luces sobre todo aquelo que se esconde na penumbra da mentira e do olvido.
As viaxes dun curioso profesor,como doutor,fante viaxar polas páxinas do libro.

hirene dixo...

Nun principio(polo título, o formato e a obriga de ter que lelo)no me chamou a atención,pero unha vez que o comecei,atrapoume realmente...Mentres ía lendo esta novela,sobre todo nun principio,resultoume silimar a "LA SOMBRA DEL VIENTO"(Carlos Ruiz Zafón)nalgúns aspectos.En ambas hai escritores desaparecidos, mortos ou seriamente danados en supostos accidentes que resultan ser intentos de suicidio,pero non son esquecidos debido ao incrible valor das súas obras e é máis son "buscados" polos respectivos protagonistas.
A forma de persomalizar a Xose María,coa sua tendencia a beber muito,fumar e empregar o nome e posto do seu irmán,gustoume así como a relación que ten co veciño pianista,Pauliño.
As obras de misterio e espiritu detectivesco,que teñen como subtrama historias esquecidas no tempo e escurecidas por mortes ou desaparicións,gúntanme dende xove.Así que dou o visto bo a esta obra,e recomendoa.