Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca. Cómica e tráxica ó mesmo tempo, Aníbal C. Malvar amosa un coñecemento sorprendente dos recursos propios do xénero policial utilizados aquí con gran habilidade, dando ó libro a tensión propia dunha boa película de suspense.
Autor: Aníbal C. Malvar.
Autor: Aníbal C. Malvar.
5 comentarios:
Intriga...Intriga que intriga dende un primeiro momento,esa é unha das chaves desta obra,xunto coas pinceladas de humor. Mentiras e verdades taxantes,mestúranse e dilúense en whisky e máis mentira.
Un mecanoscrito desaparecido e a mecha que desencadea unha serie de sucesos que estalan ao descubrirse,e que proxectan novas luces sobre todo aquelo que se esconde na penumbra da mentira e do olvido.
As viaxes dun curioso profesor,como doutor,fante viaxar polas páxinas do libro.
Nun principio(polo título, o formato e a obriga de ter que lelo)no me chamou a atención,pero unha vez que o comecei,atrapoume realmente...Mentres ía lendo esta novela,sobre todo nun principio,resultoume silimar a "LA SOMBRA DEL VIENTO"(Carlos Ruiz Zafón)nalgúns aspectos.En ambas hai escritores desaparecidos, mortos ou seriamente danados en supostos accidentes que resultan ser intentos de suicidio,pero non son esquecidos debido ao incrible valor das súas obras e é máis son "buscados" polos respectivos protagonistas.
A forma de persomalizar a Xose María,coa sua tendencia a beber muito,fumar e empregar o nome e posto do seu irmán,gustoume así como a relación que ten co veciño pianista,Pauliño.
As obras de misterio e espiritu detectivesco,que teñen como subtrama historias esquecidas no tempo e escurecidas por mortes ou desaparicións,gúntanme dende xove.Así que dou o visto bo a esta obra,e recomendoa.
Un libro de novela policíaca con trazos de novela negra.Un profesor e unha profesora de universidade embárcanse nunha investigación que os levará a visitar distintos lugares nos que atoparan cabos soltos que deberán ir unindo para así encontrar o que buscaban. Moi bo.Engánchate desde o comenzo e segundo vas pasando follas fai que teñas cada vez máis intriga polo que vai pasar ao final. Un gran libro que vai de menos a máis.
É a primeira vez que leo algo deste autor.Persoalmente gústame o estilo narrativo tanto coma a historia que conta,combinando o xénero policial coa investigación .Sorprendeume na maneira de narrar os flash-back de maneira tan precisa.Todo isto fai que a lectura sexa sinxela e amena.Por outra parte boto de menos que a trama fose máis policial,coas típicas características desta como:a presenza dun detective o cal investiga un asesinato.Neste libro o protagonista vese involucrado nunha investigación ,non é o detective .En conclusión:esperaba máis da novela,pero tampouco me decepcionou,recoméndoa.
Nesta novela nonme gustouo estilo queten o narrador(un dos perxonases principais,chamado Bernal) deducido(e sacando) situacións ás queme gustaría chegar a min mesma, como lectora. Por outro lado si gustei da descrición dos ambientes, da presistencia da choiva nela (conleva misterio,intriga,un lugar frío).As personaxes femininas aparentemente secundarias, acaban gañando un protagonismo indispensable para resolver o caso investigado(a desaparición dun manuscrito dunha novela).En conxunto, si me gustou e recoméndoo.
Publicar un comentario