O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche.
2 comentarios:
e un libro moi interesante que nos fai reflexionar sobre como debemos afrontar os problemas da nosa vida.Ademais tamen nos fai reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e os prexuizos que se crearon ao longo do tempo contra ela.
A min gustoume moito este libro, xa sexa pola evolución do protagonista ou a súa superación dos prexuízos sobre as mulleres e ademais fíxome reflexionar: non se pode escapar dos problemas e xuntarse con malas compañías para intentar superalos.
Publicar un comentario