O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control.A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita.
2 comentarios:
Esta obra pertencente ao xénero policial con certas doses de ciencia ficción, xa que mestura realidade e acontecementos fantásticos .Esta combinación constitúe a peza angular da obra.
O protagonista Suso,é un escritor ourensán ao que os acontecementos da súa nova novela empezan a írse fóra de control.
Na miña opinión eu non recomendaría este libro se non che gustan as abundantes descripcións que relantizan o ritmo e faino incluso pesado. Espero escoller mellor a miña próxima lectura deste xénero e poder gozar máis con ela
Publicar un comentario