25 marzo 2009

Tránsito dos Gramáticos

Fóra da rúa principal a Alxama era un fedorento dédalo de quellas envoltas na tebra, nas que cabía escoller entre vadea-lo rego de auga sucia que circulaba polo medio, ou esvarar nas tonas de froita e lixos acumulados nas beiras. Debido ó desafío que mantiñan coas autoridades, e para dificulta-las detencións ou os desaloxos, os mourazos arrincaran, había moito tempo, as placas cos nomes das rúas (que no ano de fundación do campamento denominábanse Alecrín, Alelí, Alhucema, Azar e outros nomes de flores)...

1 comentario:

Anónimo dixo...

ESTE LIBRO E UNHA AUTENTICA MEDA ASI QUE NON VOS ACONSLLO A NINGUEN Q O LEADES