25 marzo 2009

Cándido Branco e o Cabaleiro Negro

Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba. Aínda faltaba un bo pedazo para a noite. O mar estaba tranquilo e brillaba baixo os inxergados raios, do sol. Aló abaixo, na pequena baía ó pé dos penedos, había un dragón varado na area.

5 comentarios:

Saki dixo...

Esta novela cóntanos a aventura que vive un mozo que sofre a morte dos seus pais. A historia comeza co encontro co Cableiro Negro, quen o adopta como escudeiro e o instrue nese novo oficio.

Xuntos, co paso dos anos fan dun pobo un dos sitios máis influintes da Galiza de aquela época pero as fortes tensións entre os monarcas provocan a guerra e a destrucción da Insúa o cal acaba coa posibilidade dun monarca galego.

En definitiva, un libro entretido que nos explica bastante ben como era Galiza en aquela época.

Martín DD dixo...

A novela ten como protagonistas a Cándido Branco, un rapaz que perde aos seus pais, e o Cabaleiro Negro, que leva a Cándido consigo de escudeiro.

Ambos chegan a unha terra, onde despois de desfacerse do señor das terras, o Cabaleiro goberna o pobo, converténdoo nunha zona de moita influencia e prosperidade. A envexa e a cobiza doutros reis levaos á guerra contra a Insua.

Un bo libro que reflicte a Galiza da Idade Media e a relación entre o pobo chan e os señores.

Ana e Paula dixo...

É un libro interesante no sentido de que reproduce fielmente a forma de vida da idade media e a forma de pensar dos que viven na época.

Roberto. dixo...

É un libro que me gustou moito. Recrea moi ben a Idade Media e fai ó memso tempo unha boa análise do ser humano e a súa moralidade.

Andrea e Laura.L dixo...

Gustounos este libro pois permítenos ver o mundo da cabalería e a situación que se vivía na idade media. A min (Andrea) pareceume moi interesante o modo de gobernar a illa do Cabaleiro Negro, rompendo co réxime feudal existente naquela época.E a min (Laura)pareceume moi bonita a historia de amizade entre Cándido e o Cabaleiro e sobre todo a actitude do cabaleiro ao longo de toda a novela :)