25 marzo 2009

Cándido Branco e o Cabaleiro Negro

Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba. Aínda faltaba un bo pedazo para a noite. O mar estaba tranquilo e brillaba baixo os inxergados raios, do sol. Aló abaixo, na pequena baía ó pé dos penedos, había un dragón varado na area.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta novela cóntanos a aventura que vive un mozo que sofre a morte dos seus pais. A historia comeza co encontro co Cableiro Negro, quen o adopta como escudeiro e o instrue nese novo oficio.

Xuntos, co paso dos anos fan dun pobo un dos sitios máis influintes da Galiza de aquela época pero as fortes tensións entre os monarcas provocan a guerra e a destrucción da Insúa o cal acaba coa posibilidade dun monarca galego.

En definitiva, un libro entretido que nos explica bastante ben como era Galiza en aquela época.

Martín DD dixo...

A novela ten como protagonistas a Cándido Branco, un rapaz que perde aos seus pais, e o Cabaleiro Negro, que leva a Cándido consigo de escudeiro.

Ambos chegan a unha terra, onde despois de desfacerse do señor das terras, o Cabaleiro goberna o pobo, converténdoo nunha zona de moita influencia e prosperidade. A envexa e a cobiza doutros reis levaos á guerra contra a Insua.

Un bo libro que reflicte a Galiza da Idade Media e a relación entre o pobo chan e os señores.

Ana e Paula dixo...

É un libro interesante no sentido de que reproduce fielmente a forma de vida da idade media e a forma de pensar dos que viven na época.

Roberto. dixo...

É un libro que me gustou moito. Recrea moi ben a Idade Media e fai ó memso tempo unha boa análise do ser humano e a súa moralidade.

Andrea e Laura.L dixo...

Gustounos este libro pois permítenos ver o mundo da cabalería e a situación que se vivía na idade media. A min (Andrea) pareceume moi interesante o modo de gobernar a illa do Cabaleiro Negro, rompendo co réxime feudal existente naquela época.E a min (Laura)pareceume moi bonita a historia de amizade entre Cándido e o Cabaleiro e sobre todo a actitude do cabaleiro ao longo de toda a novela :)

Claudia 1 bach- A dixo...

Encantoume o libro, fasicinante. Recoméndoo ler.

Elena 1ºA dixo...

Sincéramente, esperábame máis do libro, aínda que ten partes interesantes, como cando atopan a Ínsua, cando fan negocios coa raiña do mar...
O fina é interesanmte e entretido, ademais de aberto.
Inventando un final para el, escribiría sobre as viaxes dos protagonistas a outro lugar, tras o sucedido. Falaría sobre a vida que terían cando o cabaleiro enevellecera e que farían Cándido o resto da súa vida adulta.

Claudia 1 bach- A dixo...

Cándido Branco e o Cabaleiro Negro é un libro interesante, desenvolve unha relación entre personaxes e trama moi interesante e ben cohesionada. A historia desenvólvese na Idade media, aparecen torneos entre cabaleiros; hai certos persoaxes que evolucionan no paso do libro e grazas a compañía doutros personaxes, como a Raíña do mar, Cándido, etc.
Gústame que en cada capíyulo ocorran aventuras diferentes e novan ás anteriores, pero chega a un punto no que os capítulos facíanse repetitivos e similares. Foi o único que non me acabou de gustar do libro. Ten un final inesperado, aberto para que imaxines e penses o que poida pasar.
O libro, en xeral, é sinxelo de ler, compréndese ben e, ademais, é moi entretido. Entre os diversos personaxes, o protagonista Cándido, desenvolve dende o principio un carácter pacífico, aventureiro e animado, complementando así o caráter do oiutro persoaxe principal, o Cabaleiro Negro. Os dous adquiren confianza entre eles e créase un vínculo especial.

Durante todo o libro os dous protagonizan aventuras xuntos e afianzas máis o vínculo creado, conseguen logros xuntos e os dous seguen coa súa amizade ao final do libro.

Gustoume bastante, o desenvolvemente, os diferentes personaxes que aparecen, os lugares nos que se desenvolven, a orde que segue, etc.
En conclusión, un libro entretido e fascinante que

Sara A. dixo...

Encantóume o libro é moi entretido aínda que só se che gusta o misterio as fazañas medievais e as historias de cabaleiros.
Aínda que ten un vocabulario peculiar e un pouco difícil de entender , se segues a historia acabas interpretandoo moi ben.