Alex e maila súa moza Aintzane, filla de emigrantes galegos en Euskadi, viven mergullados na situación da mocidade radical vasca. Sobre un fondo de rock duro e violencia comezan as complicacións para a xove parella: un despedimento, un atentado, o roubo dun coche, a fuxida. Primeiro a Galicia, á Mariña luguesa, onde se une á aventura Uxío; e logo, atropeladamente, desesperadamente, a fuxida continúa ata Lisboa...
O autor utiliza un estilo moi rápido, de frases curtas, con moito diálogo; cheo de referencias musicais (hardcore, metal, rap e rock radikal vasco) e cinematográficas, coas ineludibles Pulp Fiction e Thelma e Louise.
Ningún comentario:
Publicar un comentario