A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate
7 comentarios:
Vendo que ninguén comenta este libro (que papo teñen algúns da miña clase...), fágoo eu: é unha antoloxía de poemas galegos desde o Rexurdimento ata o noso tempo (dende Rosalía ata poetas dos nosos días como Emma Couceiro ou Daniel Salgado), e, como tal, simplifica moi ben a nosa literatura; talvez botaría en falta certos poemas dalgúns grandes escritores como Rosalía e, sobre todo, Pondal, pero, en xeral, é moi completa.
Recoméndollela a todos os que teñan tempo e ganas de gozar dos poemas representativos da nosa literatura (eso inclúe a algúns de 1º de bach. B...).
en xeral o libro gustoume, xa que ten poemas que trata varios temas e non é monótomo.A verdade e que eu pensei que ía ser máis aburrido ademais eu non estou acostumada a ler poesía.Acercoume un pouco máis a ela e descubrín que non é aburrida e que ten poemas que me gustaron moito.
De todos os poemas deste libro escollín o poema "Ás veces digo amor" porque encantoume.
Persoalmente este libro pareceume interesante, xa que eu non estaba acostumada a ler poesía nin era algo que me interesase moito, pero ó ter que facer este traballo dinme de conta que coa poesía pódense transmitir moitísimas ideas nun só verso e paréceme espectacular que unha persoa poida consiguir iso.
Recomendaría este libro a tódalas persoas que cren que a poesía é algo sen sentido ou que só fala de amor, desamor... xa que daranse conta coma min que se transmiten tamén outro tipos de ideas.
Poetízate é un libro que nos mostra e nos ensina que a poesía pode ser un mundo no que ó mergullarnos nel , resulte ser moi entretido e divertido.
Con el , sentes , gozas , intúes a poesía.
Persoalmente , creo que contén poemas que transmiten moito a cada persoa , de diferente maneira , pero que fai que ó ler ese poema se desperten moitas emocións persoais.....
Moitos parabéns polos vídeos. Un gran traballo. Apertas de Fran Alonso.
Vaia!!! Eu que me pasaba porque xa ían sendo horas de comentar (Xela, non me mates...xD)e atopo un comentario, nada máis e nada menos, que do mesmiño Fran Alonso!!!
Parabéns a ti!! Conseguiches que fora posible unha situación case inimaxiable je (Adolescentes engaiolados pola nosa poesía...). Realizaches un traballo excepcional co que cada individuo pode sentirse identificado. Amosáchesnos o infinito talento que se atopa na Galiza, dende o tan agardado Rexurdimento até os nosos días, tan difíciles para a nosa língua...
En resumo, GRAZAS D. Fran Alonso por este fantástico libro!
magnifífica selección para perdelle o medo á poesía. NON MORDE... OU SI? jaja
Publicar un comentario