26 abril 2009

A cabeza de Medusa

Un conflito extraído da realidade, enfocado dende a psicoloxía adolescente que ten ante si un universo de interrogantes, dúbidas e adversidades que acontecen. A construción formal da narración ofrece unha intelixente estrutura e a narración compleméntase coa introdución de elementos informativos, fundamentais para o desenvolvemento e os verdadeiros intereses da historia, que inciden na violación social que sucede á física, cun amplo retrato das diferentes presións ás que están sometidas as rapazas, obrigadas a mastigar o acontecido e a superar un complicado camiño de obstáculos. no seu contorno.

5 comentarios:

Carmen dixo...

Tedes un agasallo no blog ofalarnontencancelas.Porque o merecedes.

Yolanda dixo...

Este libro merece a pena lelo,é incrible.Foi un dos mellores que lin.bicos!

Lucía dixo...

Poucos libros me impresionaron tanto coma este.Penso que todos deberíamos aprender algo das protagonistas.Un bico!

Ana Rodríguez dixo...

Estou de acordo con Yolanda e Lucía,é un libro impresionante, e por desgraza trata un tema bastante triste, pero que convive con nós cada día, xa que no telexornal, na prensa.. día tras podemos ver noticias, no que aparecen novos casos de violacións.
Recomendoo!

Manuel dixo...

Pareceume un libro moi interesante e moi fácil de ler , por eso llo recomendo a todo o mundo xa que ten un argumento moi apaixoante.