26 abril 2009

A cabeza de Medusa

Un conflito extraído da realidade, enfocado dende a psicoloxía adolescente que ten ante si un universo de interrogantes, dúbidas e adversidades que acontecen. A construción formal da narración ofrece unha intelixente estrutura e a narración compleméntase coa introdución de elementos informativos, fundamentais para o desenvolvemento e os verdadeiros intereses da historia, que inciden na violación social que sucede á física, cun amplo retrato das diferentes presións ás que están sometidas as rapazas, obrigadas a mastigar o acontecido e a superar un complicado camiño de obstáculos. no seu contorno.

8 comentarios:

Carmen dixo...

Tedes un agasallo no blog ofalarnontencancelas.Porque o merecedes.

Yolanda dixo...

Este libro merece a pena lelo,é incrible.Foi un dos mellores que lin.bicos!

Lucía dixo...

Poucos libros me impresionaron tanto coma este.Penso que todos deberíamos aprender algo das protagonistas.Un bico!

Ana Rodríguez dixo...

Estou de acordo con Yolanda e Lucía,é un libro impresionante, e por desgraza trata un tema bastante triste, pero que convive con nós cada día, xa que no telexornal, na prensa.. día tras podemos ver noticias, no que aparecen novos casos de violacións.
Recomendoo!

Manuel dixo...

Pareceume un libro moi interesante e moi fácil de ler , por eso llo recomendo a todo o mundo xa que ten un argumento moi apaixoante.

Anónimo dixo...

A Cabeza de Medusa trata sobre dúas rapazas, Sofía e Lupe, que sofren unha violación nunha noite de carnaval.

Penso que este libro pode ser de axuda para pensar e reflexionar sobre o que lles ocorreu, algo terríbel que ninguén merece, as reaccións de seus pais, seus amigos, comentarios que recibiron e como se sentían elas, iso era moito máis que un dano físico. De todas estas cuestións, as que máis me impactaron foron as reaccións dos pais de Lupe de dun dos violadores.

Este libro, aínda que mom está baseado nuna historial real, podemos identificalo con casos da actualidade facilmente; pois vivimos nunha sociedade quesegue a ser machista e non faltan probas diso. Todos, ou case todos os días, hai novas que fan referencias a estes temas: violacións, abusos, asesinatos...

Recomendo este libro porque me gustou moito, porque as protagonistas parécenme moi valentes e tamén porque penso que a máis dunha persoa lle faría mooi ben ler sobre estas temáticas.

Cristina C.R dixo...

O libro cabeza de medusa é un libro que conta a violación de dúas rapazas de bacharelato ao saír duna festa. Ao longo desta historia imos coñecendo como son as rapazas, como levan o caso as familias e a policía, como se encontran persoalmente e como acaba esta historia.
Ademáis en cada capítulo vanse contando fragmentos da historia de "Medusa" cuxos cabellos se transformaron en serpes como castigo tras ser forzada por Poseidón.
É un libro que eu recomendo ler xa que hoxe en día, e por desgraza estos acontecementos seguen sucedendo cada día e é un tema que se trata como se non tivese moita importancia pero si que a ten.

Pablo González González dixo...

A historia atrapoume dende o minuto cero e non me soltou ata o final. A trama non deixa de introducir datos novos á vez que continúa avanzando e desenvolvendo os anteriores. A verdade creo que a historia de superación de Lupe e de Sofía despois dos sucesos ocurridos aquela noite de entriodo, foi incleible e ogallá todas as vítimas de abuso sexual denunciasen e foran capaces de refacer a súa vida coma elas.
O libro trata de transmitir aos lectores a percepción do abuso sexual dende o punto de vista das mozas abusadas, e de facernos pensar nas actitudes que temos como sociedade. Algunhas debémolas corrixir, por exemplo, culpar a rapaza agredida da agresión pola súa maneira de vestir en lugar de culpar ó agresor.
Isto fai que "Cabeza de Medusa" se coloque coma un dos meus libros favoritos, pola mensaxe que transmie e pola maneira de contala