24 febreiro 2010
As sete mortes
Un relato fascinante que combina crime, esoterismo e misterio. Para quedar atrapados ata a última páxina... polo inevitable. Todo comeza en Ourense, un home especial que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques. Ata que todo vai empezar a cambiar cando chega xunto a el un vello que morre no momento e lle deixa unha mensaxe. Aquí comeza unha especial aventura para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello... contacta cunha profesora de Historia ingresada nun psiquiátrico, cun profesor de Santiago e as mortes doutras persoas, irremediables, vanlle ser atribuídas a el.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Este libro, na miña opinión está moi ben. Sinceramente gustoume moito xa que é unha historia que atrapa a calquera persoa que o lea, e no meu caso tiña ganas de saber como continuaba a historia. Eu doulle un 9 sobre 10 xa que a historia encantoume, pero non me gustou moito o final.
Sinceramente eu o recomendaría sen dubida algunha e estou seguro de que vos vai encantar.
Publicar un comentario